RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sesión suave esta tarde en Abegondo para os titulares onte en El Molinón

Os futbolistas titulares onte en El Molinón ante o Sporting de Gijón, ademais dos fabrilistas que actuaron de inicio co filial onte na Cidade Deportiva ante o Alondras (Gandoy, Valín e Mujaid), tiveron esta tarde unha sesión suave de adestramento en Abegondo, con traballo preventivo e rondos.

Para os demais integrantes do cadro, ademais dos fabrilistas Javi Sánchez e David Sánchez, houbo un exercicio de finalizacións para completar a tarde.

Somma e Borja Valle tiveron un adestramento específico; Longo realizou unha parte co grupo; e Nolaskoain, a sesión enteira.

Mañá martes, o cadro está citado en Abegondo ás 10:30 horas, xa centrados no partido ante o CD Numancia deste mércores 18 de setembro en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar LaLiga).