RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sete equipos de #ANOSACANTEIRA xogan mañá sábado, seis deles en casa

Sete equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita mañá sábado 27 de novembro, nunha xornada con catro partidos xa disputados no que vai de semana.

O Deportivo ABANCA B, no grupo 1º de Primeira Nacional, enfróntase na Cidade Deportiva (16:00 horas) ao Victoria FC coa inxección de moral que supón o triunfo do pasado domingo en Xixón no minuto 93.

Kevin Cabado, técnico deportivista, citou ás seguintes xogadoras: Nuria, Reigosa (xuvenil do Orzán SD), Paula Novo, María Calvo, Ansede, Uxia, Eva Santamaría, Celia (xuvenil do Orzán SD), Laura Testa, Marta Rico, Elena López 'Cusi', Paula Monteagudo, Iria Otero (xuvenil do Orzán SD), Trillo, Marta Méndez, Noela, Tati e Laura Otero (cadete do Orzán SD).

Causan baixa Aroa Guerra, en dinámica do primeiro equipo; e Aroa González e Carmen Carballada, lesionadas.

Ademais, tamén compiten en casa o Orzán SD Cadete Feminino (12:00 na Torre ante o Sárdoma CF), Orzán SD Infantil Feminino (16:00 no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña ante o Victoria CF), Xuvenil A (16:15 en Abegondo ante o ED Val Miñor Nigrán) e Alevín A e Benxamín A (11:00 e 10:00 no campo de herba sintética de Abegondo ante Orillamar SD e CD Calasanz). Estes dous últimos equipos están pendentes de coñecer o seu calendario ligueiro.

Fóra de casa, o Xuvenil B, situado a tres puntos do líder, mídese ás 16:00 nos Remedios ao Pabellón Ourense CF B.

O domingo 28, en Tercera RFEF, o Fabril, após tombar ao líder UD Somozas en Abegondo, visita ás 16:30 ao CSD Arzúa, un rival que transita pola zona media-baixa da táboa pero que no seu campo do Viso só perdeu un partido no que vai de liga.

Ademais, o Orzán SD Xuvenil Feminino enfróntase ás 12:00 no campo de Sinde B ao SD O Val na Primeira División Galega, subgrupo A.

Onte xoves 25 de novembro, o Infantil, que pelexa co CD Lugo polo liderado do subgrupo B norte da Liga Galega, impúxose (12-0) en Abegondo ao Viveiro SD.

Tamén onte na Cidade Deportiva, e á espera de coñecer o calendario de competición, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín disputaron senllos amigables ante o Atlético Coruña Montañeros CF no campo de herba sintética. En ambos houbo triunfo deportivista: 7-0 en alevíns e 4-1 os benxamíns.

Hoxe venres 26 en Abegondo, xogouse un duelo no máis alto do subgrupo A da División de Honra cadete. Fronte a fronte estiveron o líder, o Dépor, ante o seu inmediato perseguidor, o San Tirso SD (6-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
13ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, o domingo 28 de novembro ás 16:30 no campo do Viso
Clasificación: 1. UD Somozas, 25 puntos; 2. Polvorín FC (un partido menos), 24 puntos; 3. CD Barco, 23 puntos; 4. Fabril (un partido menos), 21 puntos; 5. Rápido de Bouzas (un partido menos), 19 puntos; 6. Ourense CF (dous partidos menos), 18 puntos...

Categoría feminina
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC, o sábado 27 de novembro ás 16:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 3. Sárdoma CF, 22 puntos; 4. Umia CF, 19 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 17 puntos; 6. CD Olímpico de León e Oviedo Moderno CF B, 16 puntos; 8. Victoria CF, 13 puntos...

8ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 28 de novembro ás 12:00 no campo de Sinde B
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. CD Lugo (un partido máis), 12 puntos; 2. Bergantiños CF, 9 puntos; 3. PM Friol B, Orzán SD Xuvenil Feminino e SD Tordoia (un partido máis), 8 puntos; 6. SD O Val, 6 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - SÁRDOMA CF, o sábado 27 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega: 1. Sárdoma CF e UD Mos, 13 puntos; 3. Orzán SD Cadete Feminino e Victoria CF (un partido menos), 10 puntos; 5. Lóstrego CF, 9 puntos; 6. EF Femenino Rosalía e Umia CF, 4 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - VICTORIA CF, o sábado 27 de novembro ás 16:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil Feminino (un partido menos), 10 puntos; 2. Victoria CF (dous partidos menos), 9 puntos; 3. Victoria FC (un partido menos), 7 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR, o sábado 27 de novembro ás 16:15 en Abegondo (campo principal)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 34 puntos; 2. Xuvenil A, 29 puntos; 3. Real Racing Club, 26 puntos...

11ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF B - XUVENIL B, o sábado 27 de novembro ás 16:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 25 puntos; 2. Xuvenil B e Coruxo FC, 22 puntos; 4. CD Lugo B, 20 puntos; 5. CD Choco e CD Calasanz, 18 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: CADETE 6 (Manu Ferreiro, Guerrero, Jaime -3- e David Carballo) - SAN TIRSO SD 0
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete, 25 puntos; 2. San Tirso SD, 15 puntos...

Categoría infantil
8ª xornada: INFANTIL 12 (Balbas -2-, Íker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz) - SD VIVEIRO 0
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil, 21 puntos; 2. CD Lugo, 18 puntos; 3. San Tirso SD e Ural Español CF, 15 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVIN A - ORILLAMAR SD, o sábado 27 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Mario -2-, Javi Barral, Asier, Thiago Montes, Hugo Caridad e Iker Obeso) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A - CD CALASANZ, o sábado 27 de novembro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Hugo Quintela -2-, Miguel e Thiago) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1