RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Severa derrota do Fabril na Estrada

Con varias dificultades encarou o Fabril a súa visita ao CD Estradense con motivo da segunda xornada no grupo D do play off de ascenso.

Juan Carlos Valerón non puido contar cos seus dous porteiros, Alberto e Pablo Brea, lesionados. Foi o xuvenil Brais o titular no campo Municipal da Estrada.

A maiores, dous dos seus futbolistas máis determinantes na área rival, Adri Castro e Javi Sánchez, perdéronse o encontro por acumulación de amoestacións. Así pois, a responsabilidade atacante recaeu no xuvenil Yeremay, Juan Cambón e Pescador.

En fronte ademais estaba un CD Estradense que chegaba lanzado após a goleada ao Silva SD na Grela a pasada fin de semana (1-4).

Após unha primeira parte igualada, o Fabril cedeu terreo na segunda metade e sufriu unha dura derrota (5-1), con dous goles locais de penalti.

Con este resultado, o filial deportivista é provisionalmente cuarto na táboa con 32 puntos.

Fabril: Brais, Iván Guerrero, Juan Rodríguez, David Suárez, Guille Bueno, Guedes, Kanouté, Barba, Yeremay, Juan Cambón e Pescador. Tamén xogaron: Javi Sanmartín, Sarmiento, Boedo e Reinoso.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Rápido de Bouzas.

Os resultados do Fabril nesta fase son os seguintes:

Fabril 1 (Adri Castro) - CD Choco 2
CD Estradense 5 - Fabril 1 (Juan Cambón)