RCD / NOVAS

Severo e inxusto castigo do Deportivo ABANCA B en Oviedo

08/05/2021 19:12

O Deportivo ABANCA B recibiu un severo e inxusto castigo na súa visita ao Oviedo Moderno CF B (3-0), en partido correspondente á 4ª xornada no grupo 1C de Primeira Nacional.

As ovetenses foron máis efectivas de cara á meta rival, todo o contrario que as deportivistas. Sen dúbida a clave que explica ese avultado marcador en contra das branquiazuis.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B queda quinto na táboa do grupo con 34 puntos, moi lonxe xa das dúas primeiras posicións.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Navia, Sara Álvarez, Paula Novo, María Calvo, Nuria Torres, María Figueroa, Ansede, Tati, Laura Testa e Aroa Guerra. Tamén xogaron: Aroa González, Uxía Cabada, Lara, Lucía e Marta Méndez.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Kevin Cabado recibe en Abegondo ao CDE Racing Féminas.

Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta segunda fase son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 5 (Patri López -3-, Carlota e Eva Santamaría) - Oviedo Moderno CF B
CDE Racing Féminas 5 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Santamaría e Navia)
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Álvarez e Aroa Guerra) - Gijón FF 2
Oviedo Moderno CF B 3 - Deportivo ABANCA B 0