RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei: "Cada partido que pasa imos crecer moito como equipo"

Sidnei manifestou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que neste parón ligueiro "podemos traballar moitas cousas. Creo que nos vén ben".

Respecto ao técnico Cristóbal Parralo, asegura que "todos estamos moi contentos co seu traballo. Vén para axudarnos, pódenos axudar moito".

Conta o central brasileiro que o novo adestrador deportivista "ten as súas ideas, ten a súa maneira de xogo. Estamos todos contentos e traballando moi ben con el".

Por este motivo, está convencido que "cada partido que pasa estou seguro que imos crecer moito como equipo".

É máis, advirte que se o Dépor é capaz de manter esta liña de traballo, "imos chegar moi lonxe".

Cualificou de "golpe moi duro" a derrota no último encontro ligueiro ante o Atlético de Madrid, o pasado sábado no Estadio ABANCA-RIAZOR, "polo traballo que fixemos contra un gran equipo. Merecemos moito máis. Pero isto é fútbol e é así".

Sobre o partido da 12ª xornada de LaLiga Santander, previsto para o domingo 19 de novembro na Rosaleda (12:00 horas, Bein LaLiga) ante un Málaga moi necesitado, Sidnei lembra que "ten a mesma importancia para nós. Encaramos todos os partidos coa mesma seriedade e aí non vai ser diferente".

Do conxunto andaluz, dixo que "non miramos moito a situación dos outros equipos e si a nosa, o noso traballo. Traballamos as cousas que queremos facer. Iso é o máis importante e o que buscamos facer".

Non se atreveu a indicar o límite do Dépor, pero destacou que "todos nós podemos crecer moito individualmente e así automaticamente imos crecer como grupo, como colectivo".

Preguntado sobre o duro calendario que lle espera ao equipo de agora en diante, con moitos equipos da zona alta da clasificación, apunta o defensor deportivista non obstante que "imos preparando e pensando partido a partido".