RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei: "Estamos no camiño correcto para empezar ben a temporada"

Sidnei atendeu hoxe martes aos medios de comunicación no Hotel Attica 21, cuartel xeral do Deportivo en Vilalba.

Un dos capitáns do equipo, do mesmo xeito que Pedro Mosquera, Borges e Juanfran, subliñou que na concentración, os xogadores "estamos contentos. É bo para nós estar xuntos e prepararnos cada vez mellor para empezar a liga".

Recoñeceu estar "contento" tras confirmarse como un dos capitáns. "Espero poder axudar aos meus compañeiros a conseguir os seus obxectivos, como sucedeu estes anos que estou aquí", indicou.

A pesar de que só uns xogadores están sinalados para portar o brazalete, en opinión de Sidnei "todos somos capitáns. Cada un ten a súa parte de responsabilidade. É o máis importante".

Cara á estrea de liga o vindeiro domingo 20 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid (22:15 horas, Movistar Partidazo), o central deportivista apunta que "sabemos que é un partido moi duro, moi importante, contra un gran equipo. Estamos a prepararnos ben para facer un bo partido ante a nosa xente".

Acerca do seu futuro na Coruña, Sidnei foi rotundo: "Teño a miña cabeza aquí. Estou a me preparar para facer unha gran temporada no Dépor. Agora mesmo é o meu único pensamento". "Na miña cabeza non pasa outra cousa que facer unha boa temporada aquí", subliña.

Preguntado polo recentemente incorporado á súa posición, Fabian Schär, explica o defensor brasileiro que "é un gran xogador. Estamos todos moi contentos con el. Vén para axudarnos e seguro que o vai a facer ben".

Sidnei ve este verán "ben ao equipo, na nosa idea de planificación de traballo. Estamos ben. Cada día sentímonos mellor. Estamos no camiño correcto para empezar ben a temporada".