RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei: "Estou seguro de que imos facer unha gran temporada"

Sidnei Rechel compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo, ao finalizar o adestramento do primeiro equipo.

O central deportivista confesou estar "moi contento" co seu novo rol no cadro, como un dos capitáns.

Ve ao equipo "moi ben" nestas dúas xornadas de LaLiga Santander disputadas: "Estamos no camiño correcto. O outro día conseguimos sacar un punto fóra de casa, un partido moi complicado. Temos que seguir así porque estou seguro de que imos facer unha gran temporada".

Apuntou sobre o mercado de fichaxes que "non pensamos moito niso. Non depende de nós. O que facemos é traballar día a día para estar preparados para os partidos".

De Lucas Pérez, comentou Sidnei, a poucas horas de concretarse o seu pase ao Dépor, que "é un gran xogador. Deunos moito. Se vén estamos moi contentos".

Nesta liña, imaxínase unha dianteira formada por Andone e Lucas: "Son dous grandes xogadores. Para nós e para o Dépor sería moi bo". "Poden achegar moito durante a temporada. Sería moi bo para todos nós", recalca.

A nivel particular, neste mercado de verán, asegurou vivilo con total tranquilidade e moi centrado no seu traballo diario nos adestramentos: "Sempre tiven a cabeza tranquila aquí. Moi tranquila sempre".

De feito, lembra sobre o interese que mostrou o Valencia CF en fichalo hai uns meses que "eu aquí estaba moi contento desde o primeiro día que cheguei. Sempre fun moi feliz. Estou moi a gusto. Non foi moi difícil tomar esta decisión de quedarme".

Preguntado sobre Fabian Schär, o seu novo compañeiro no centro da zaga, Sidnei subliñou que "todos estamos moi contentos con el e con todos os que chegaron. Están a axudarnos moito. Estou seguro que durante a temporada serán xogadores importantes para o noso obxectivo".