RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sidnei: ''non é momento de falar, só de facer un bo traballo e conseguir un bo resultado''

  Sidnei cre que o domingo 8 de maio no Madrigal (17.00 horas, Canle+ Liga / Abono Fútbol) "é o díonde temos que garantir a permanencia. É un partido moi importante". A pesar da eliminación europea do Vilarreal,

De Luisinho, co que sostén unha boa relación, di Sidnei que está "contento, feliz, adestrando cos seus compañeiros". Opina o defensor branquiazul que no partido do Madrigal "estamos a xogarnos a tempada. Temos que sacar un bo resultado e seguro que imos saír moi fortes".

Agradece o apoio dos 200 deportivistas que se darán cita no estadio castellonenco: "A nosa xente sempre nos está apoiando. O domingo seguro que imos sacar un bo resultado para retribuir ese agarimo que sempre ten connosco".
 
Ve ao persoal centrado no encontro: "O noso pensamento é partido a partido. O noso próximo partido é o domingo en Vilarreal e o noso pensamento está totalmente neste partido".
 
Apunta que non é momento de falar "moito. Só temos que, o domingo, facer un bo traballo e conseguir un bo resultado, que é o noso obxectivo".