RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sidnei: ''Sabemos a responsabilidade que temos'' en #ONosoDerbi

Sidnei compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo, unha vez completado o seu primeiro adestramento co Deportivo. "Agora xa estou ben. Hoxe xa adestrei normalmente cos meus compañeros", confirma o defensor deportivi

Cualifica #ONosoDerbi deste domingo 23 de outubro en Balaídos (12.00 horas, Bein Sports) como "un partido moi importante. Sabemos a responsabilidade que temos. É un bo partido para xogalo".

Subliña que "é un partido diferente. Son tres puntos pero dáche unha felicidade ademais. É un partido moi especial". "É sempre bo gañar un partido así, un derbi. O domingo é un partido moi importante. Se conseguimos o noso obxectivo, seguramente nos dará unha motivación máis", insiste.

Explica que, tras a contusión sufrida en Barcelona que lle obrigou a ser relevado no Camp Nou, "como tiña moita dor, tomei algúns medicamentos e o doutor pensou que era mellor quedar en Barcelona polas dores. Entón quedámonos aí".

Opina Sidnei do RC Celta que "é un gran equipo. Ten bos xogadores. Temos que estar preparados para facer un bo traballo".

Destaca que o obxectivo do Deportivo "é sempre gañar. E cando vés dunha derrota, o partido seguinte quérelo gañar. O domingo o partido é moi especial. Seguramente que imos saír a por o tres puntos".