RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei subliña a fortaleza do grupo, "onde todos están preparados para xogar"

Sidnei foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Cre que o partido deste venres 20 de xaneiro no Estadio de Gran Canaria (20:45, Gol TV) é "moi importante, ante un bo equipo. Entón é unha boa oportunidade para conseguir a vitoria fóra de casa".

Sostén o central deportivista que nesta tempada "fixemos bos partidos fóra de casa nos que merecemos a vitoria. Ao final non puido ser e temos que seguir traballando".

Defende que "estamos a facer un bo traballo. Estamos contentos con iso. Queremos transformar ese bo traballo con resultados, con vitorias".

Tras facer parella no centro da zaga o pasado sábado con Arribas, Sidnei subliña que "temos un grupo moi forte, onde todos están preparados para xogar. Independentemente de quen xogue, o Dépor sempre está forte para competir contra calquera".

Sobre a UD Las Palmas, opina o defensor branquiazul que é un equipo "que xoga moi ben ao fútbol. Ataca moi ben. O que temos que facer é defender ben e aproveitar as oportunidades que podamos ter".

Preguntado sobre a importancia de Guilherme no Deportivo, manifestou que "estamos todos moi contentos. Está a facer unha gran temporada. É un xogador de moita calidade. Esperemos que nos axude moito esta temporada".

De Ola John, Sidnei explicou que "xa tiven a oportunidade de traballar con el no Benfica. Coñézoo ben. É un gran xogador. Vai axudar moito".

En canto á outra incorporación do Dépor neste mercado de inverno, Gaël Kakuta, "coñézoo desde que estaba no Rayo Vallecano. Fixo unha boa temporada. Vén para axudarnos", puntualizou.