RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Silvia Mérida e Maya Yamamoto, convidadas de luxo no I Torneo Eliseo Vázquez

- Fotos: @UnionCampestre -

As xogadoras do Deportivo ABANCA Silvia Mérida e Maya Yamamoto foron convidadas a participar no I Torneo Eliseo Vázquez, trofeo amigable de fútbol 8 nas categorías benxamín e alevín organizado pola Unión Campestre FC de Montrove este sábado 14 de setembro.

Silvia e Maya presenciaron os encontros finais e, á conclusión dos mesmos, felicitaron a todos os participantes, aos que entregaron os seus correspondentes trofeos e medallas.

UD Carral, en benxamíns, e Cristo Rei, en alevíns, proclamáronse campións dun torneo disputado no campo do Redondo, na urbanización Icaria. No mesmo tamén participaron Brexo Lema, Atlético Castros e tres conxuntos do club anfitrión, co que polo céspede artificial do Redondo pasaron máis de 100 novos futbolistas.