RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O partido ligueiro do Benxamín B pasa ao martes 5 e deixa só un único choque oficial de #ANOSACANTEIRA a fin de semana

Só dous equipos de #ANOSACANTEIRA están a estas alturas de temporada en competición oficial: Deportivo ABANCA B e Benxamín B.

O primeiro disputa o domingo 3 de xuño en Abegondo (12:00, campo 1) o partido de ida de semifinais da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina; mentres que o segundo conclúe a liga na Segunda Comarcal A Coruña como campión. Este partido estaba inicialmente previsto para o sábado 2 na Torre, pero pasa ao martes 5 en Abegondo (20:00 horas) pola participación do Benxamín B ese mesmo día na 6ª edición do Torneo San Mamed en Vedra (A Coruña).

Finalmente, outros dous equipos tiveron compromiso amigable esta semana en Abegondo: Alevín B e Benxamín A. Ambos os conxuntos están en plena campaña de torneos amigables.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina, semifinais, ida: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF B, o domingo 3 de xuño ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Categoría alevín
Amigable, xogado onte mércores: ALEVÍN B 1 (Bruno) - VICTORIA A 3

Categoría benxamín
Amigable, xogado o pasado martes: BENXAMÍN A 6 (Diego, Íker, Janusz -2-, Raúl e Balbas) - VIVEIRO B (alevín) 1

30ª xornada, última: VICTORIA C - BENXAMÍN B, o martes 5 de xuño ás 20:00 en Abegondo
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (xa campión), 81 puntos; 2. Calasanz C e Victoria C, 70 puntos...