RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Só os que non actuaron onte de inicio ante o Córdoba CF saltaron hoxe ao céspede de Abegondo

Unicamente os futbolistas que non actuaron onte de inicio ante o Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR saltaron esta mañá ao céspede de Abegondo. Con eles, os canteiráns Gandoy, Víctor Eimil e o meta xuvenil Alberto estiveron tamén ás ordes de José Luis Martí.

Este grupo de xogadores realizou un quecemento, rondos, un exercicio de posesión, unha tarefa de transicións ofensivas e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Non estiveron co grupo Krohn-Dehli e Vitor Silva, con adestramento específico.

Para os titulares onte á noite ante o conxunto andaluz houbo ximnasio e recuperación cos fisioterapeutas do primeiro equipo.

Mañá luns, o equipo adestrarase en Abegondo a partir das 11:00 horas.