RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Só perdemos un partido desde que chegou o míster", lembra Vicente do Dépor, líder na segunda volta de LaLiga

Vicente Gómez quedou onte ante o CD Lugo "con ganas de máis, sobre todo despois da primeira parte, na que de estar acertados no último pase podiamos cambiar o partido. É verdade que nos últimos 10 minutos non fomos capaces de encerralos na súa área, que era igual o que todos esperabamos cos cambios; de pegar ese último arreón e tentar gañar o partido. Non puidemos facelo".

O mediocentro deportivista cre que o equipo "tivo un bo ritmo pero si é verdade que me puido sorprender non ser capaces ao final en ABANCA-RIAZOR, coa nosa xente, pegar ese último arreón que estabamos a facer en casa. Botámolo un pouco en falta".

Non se mostra preocupado por estes 3 últimos partidos saldados con 2 empates e 1 derrota: "Se un mira a categoría, o que fixemos nós é moi complicado. O máis normal quizais é isto. Mágoa da primeira volta que fixemos tan mala que fixemos, a pesar de facer uns números extraordinarios, estar aínda nesta situación, co gancho. O normal é isto. A igualdade da categoría é o que predomina. Estes 3 partidos que non fomos capaces de gañar véxoos pola parte positiva. Só perdemos un desde que chegou o míster e fixemos bastantes puntos. Se seguimos tendo en conta o obxectivo que nos puxo Fernando cando chegou, de lograr ese número de vitorias, imos en bo camiño".

De feito, o RC Deportivo é líder da segunda volta de LaLiga SmartBank con 20 puntos; seguido polo Real Zaragoza (19 puntos) e CD Tenerife (17 puntos).

Disto, Vicente Gómez resalta que se "un mira en perspectiva como estabamos na última xornada ante o CD Tenerife e como foi cambiando todo, son bos números, boas sensacións. Tal e como está a categoría, estaría ben enlazar de novo varias vitorias seguidas e ver que é o que pasa. Pódenos vir ben esta dose de realismo e ver que non conseguimos nada. Ao estar todo tan igualado, queda moito que dicir. Non hai nada feito".

Preguntado sobre un cambio de sistema, explica que "ao final todos nos estudamos, todos nos coñecemos. Un ve os partidos e cada vez custa máis gañar. Son tópicos pero é a realidade. Quedan menos xornadas, os obxectivos vanse pondo cada vez máis duros e a xente saca unha dose máis de garra, de loita, de concentración. Todo vai custando moito máis. Non só somos nós. Se un analiza os demais partidos, todo está moi igualado. Ao final os pequenos detalles, de ter algunha variante máis, algún futbolista que sobresaia, que estea nun mellor momento de forma pode decantar a balanza ao noso favor".

A nivel persoal, titular de novo onte ante o CD Lugo, confesou sentirse "ben. Cando non xoguei sempre tentei traballar máis, pedir traballo extra porque sei que cando chégache a oportunidade, un non debe de pensar que non xoguei para xustificarse de non estar en bo nivel. Fíxeno ben, traballei e atopeime bastante ben. O míster pediume xogar entre liñas e creo que por aí fixen dano. Quizais se estivese un pouco máis acertado no último pase conectaría máis con Sabin Merino. Pero voume contento co día de onte".

Finalmente do encontro deste sábado 7 de marzo no Estadio Xogos Mediterráneos ante a UD Almería (21:00 horas, Gol), Vicente indica que "neles si se pode percibir algo de nerviosismo porque non lle están saíndo as cousas como eles pensaban co cambio de técnico. É certo que en xogo o están facendo ben pero non están a atopar os bos resultados. Por aí, coa nosa maneira de xogar, podemos facer que eles se poñan nerviosos en casa se non son capaces de meternos man. Somos nós un equipo moi fiable niso, non permitimos ocasións. Quizais por aí podamos facerlles dano en Almería".