RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobresaliente actuación de #ANOSACANTEIRA en Vilagarcía, Vigo e Viana do Castelo (Portugal)

Nova fin de semana de torneos amigables para #ANOSACANTEIRA, con brillante participación en Vilagarcía de Arousa (Alevín A), Viana do Castelo (Infantil B, Alevín B e Benxamín A), e Vigo (Prebenjamín).

A Roma foi o verdugo do Alevín A nas semifinais da Arousa Fútbol 7

O Alevín A do Dépor alcanzou as semifinais da 23ª edición da Arousa Fútbol 7 no campo da Lomba (Vilagarcía de Arousa).

O cadro deportivista exhibiu a súa condición de campión galego, eliminou hoxe domingo ao Real Madrid en cuartos de final, pero caeu en semifinais ante a poderosa Roma.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Venres 15 de xuño
PABELLÓN OURENSE 0 - ALEVÍN A 3 (Lucas, Héctor e Dani)
ALEVÍN A 1 (Lucas) - MANCHESTER CITY 1

Sábado 16 de xuño
ALEVÍN A 0 - VALENCIA 0
ALEVÍN A 2 (Lucas e Ayana) - KASHIWA REYSOL 1

Domingo 17 de xuño
Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Samuel) - REAL MADRID 0

Semifinal
ALEVÍN A 2 (Lucas e Ayana) - ROMA 5

Sobresaliente participación do Infantil B, Alevín B e Benxamín A na Vianense Cup en Viana do Castelo (Portugal)

Tres equipos (Infantil B, Alevín B e Benxamín A) representaron ao RC Deportivo na 26ª edición da Vianense Cup, competición organizada polo Sport Clube Vianense no Estadio Dr. José de Matos (Viana do Castelo, Portugal).

Os tres equipos estiveron a un grandísimo nivel. Alevín B e Infantil B foron os campións das súas categorías; e o Benxamín A logrou a medalla de prata ao ser superado só polo potente FC Porto na gran final.

En categoría infantil, os resultados do Infantil B foron os seguintes:

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
ACADÉMICA DE COIMBRA 0 - INFANTIL B 3 (Domínguez, Noah e Manu)
SC VIANENSE 0 - INFANTIL B 10 (Domínguez -3-, Gabri, Carlos -2-, Yago, Mella -2- e Dani)
INFANTIL B 9 (Mella -2-, Yago -2-, Martín, Gabri, Martiño -2- e Manu) - CD MOAÑA 0

Domingo 17 de xuño
Semifinais
INFANTIL B 6 (Martí, Domínguez -2-, Martín, Yago e Manu) - BOAVISTA FC 0

Final
INFANTIL B 2 (Yago e Domínguez) - CELTA 2. Por penaltis: 2-0

En categoría alevín, o Alevín B colleitou estes marcadores:

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 11 (Dani -3-, Xenxo -2-, Eli -2-, Raúl -2-, Bruno e Jairo) - CD AVES 0
ALEVÍN B 2 (Eli -2-) - SC VIANENSE 0
CF OS BELENENSES 1 - ALEVÍN B 3 (Raúl -2- e Dani)

Domingo 17 de xuño
Semifinais
ALEVÍN B 3 (Dani -2- e Raúl) - CD NACIONAL 0

Final
ALEVÍN B 3 (Dani, Jairo e Eli) - SPORTING CLUB PORTUGAL 0

Finalmente, o Benxamín A tivo estes resultados:

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 10 (Ruiz, Anxo -4-, Xavi -2-, Pablo, Janusz e Balbas) - SC VIANENSE 0
CD NACIONAL 0 - BENXAMÍN A 7 (Janusz, Anxo -3-, Xavi, Balbas e Ruiz)
BENXAMÍN A 0 - FC PORTO 2

Domingo 17 de xuño
Semifinais
BENXAMÍN A 1 (Diego) - LILLE OLYMPIQUE SC 1. Por penaltis: 4-3

Final
BENXAMÍN A 1 (Janusz) - FC PORTO 2

O Club gaña o Torneo Talleres Castiñeira de categoría prebenxamín

O RC Deportivo estivo presente hoxe domingo 17 de xuño na 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira de categoría prebenxamín, que se xogou no campo do Vao (Coruxo, Vigo), organizado polo Coruxo FC.

Para iso, o Dépor competeu cunha selección formada por estes xogadores: Martín Fernández (Jesuitinas); Lucas López, Iago Varela e Javier Seoane (Ural); Nicolás Naveira e Pablo Vara (Victoria); Raúl Lema (Luis Calvo); Hugo González (Galicia Caranza); Rodrigo Santamaría (Villestro); Hugo Chamadoira (Portero 2000); Yago Lameiro (Santa Cruz); e Antón Caamaño (San Tirso). Estes rapaces poderían formar o Benxamín B da próxima temporada.

O equipo branquiazul foi brillante campión, combinando talento ofensivo (32 goles a favor e 2 en contra en 7 partidos).

Os resultados do Deportivo foron os seguintes:

Primeira Fase
SD PONTEAREAS 1 - DEPORTIVO 6 (Pablo -2-, Lucas Vázquez -2- e Hugo -2-)
DEPORTIVO 4 (Raúl -2-, Lucas Vázquez e Rodri) - SALGUEIRIÑOS CF 0
DEPORTIVO 7 (Lucas -3-, Iago José -2-, Raúl e Iago Lameiro) - SAN MIGUEL CF 0
ARENAS DE ALCABRE SD 1 - DEPORTIVO 5 (Lucas -2-, Iago Lameiro, Javi e Antón)

Cuartos de final
DEPORTIVO 3 (Hugo -2- e Pablo) - OURENSE 0

Semifinal
DEPORTIVO 4 (Javi, Iago Lameiro, Lucas e Rodri) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Final
DEPORTIVO 3 (Javi, Raúl e Nico) - CORUXO 0

Triunfo do Xuvenil B na inauguración do campo de San Pedro de Visma

O Xuvenil B enfrontouse a unha selección da AFAC onte sábado 16 de xuño, con motivo da inauguración do campo de San Pedro de Visma na Coruña.

O triunfo foi deportivista (4-2), grazas aos goles Rojo -3- e Aye.

O Benxamín B cae en oitavos de final do Torneo do Abanqueiro SD en Boiro

O Benxamín B tivo onte sábado 16 de xuño un esixente test no campo de Vista Alegre (Boiro), con motivo da 12ª edición do Torneo do Abanqueiro SD, Trofeo Concello de Boiro.

O conxunto deportivista caeu en oitavos de final, apeado por un Bertamiráns A superior fisicamente, dado que estaba formado por xogadores superiores en idade aos branquiazuis.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 2 (Ioan e Nico) - AROSA SC 1
BENXAMÍN B 6 (Nico -2-, Trigo, Gael, Sergio e Uxío) - ATLÉTICO OLEIROS 0
BENXAMÍN B 2 (Nico e Trigo) - CD CONXO 0

Oitavos de final
BENXAMÍN B 0 - BERTAMIRÁNS A 1