RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobresaliente actuación do Cadete A ante o Arosa SC

O Cadete A asinou unha sobresaliente actuación (8-0) ante o Arosa SC, en partido correspondente á 14ª xornada na División de Honra. Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2- foron os goleadores nun choque de clara cor branquiazul.

Con este resultado, o Cadete A suma 42 puntos e mantén 5 puntos de renda á fronte da táboa sobre o seu inmediato perseguidor, o RC Celta, segundo con 37 puntos.

Cadete A: Sergio, Seydiba, Canales, Hugo Baldomar, Roque, Pablo Trigo, Mella, Álex González, Mato, Rubén e Diego Gómez. Tamén xogaron: Nico, Martín Ochoa, Xosé e Embid.

A fin de semana do 14 e 15 de decembro, o Cadete A visita ao San Tirso SD.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0
CD Conxo Santiago 1 - Cadete A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)
Cadete A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - Arosa SC 0