RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobresaliente actuación do Infantil A ante o Victoria

O Infantil A asinou unha sobresaliente actuación (0-12) no campo coruñés da Grela 1 ante o Victoria CF, en partido correspondente á 7ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Mella -3-, Martiño -5-, Marco Baña -2- e Martín -2- foron os autores dos goles branquiazuis nun partido sen historia, dada a gran superioridade do conxunto deportivista.

Con este marcador, o Infantil A mantense no alto da táboa con 21 puntos de 21 posibles.

Infantil A: Rodrigo, Noah, Rubén, Gabi, Manu, Carreira, Martiño, Sierra, Meki, Mella e Domínguez. Tamén xogaron: Carlos, Baña, Marcote, Martín e Marcos.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao San Tirso SD.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Calasanz 0 - Infantil A 9 (Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2-)
Infantil A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - Atlético Ribeira 0
Lugo 1 - Infantil A 2 (Martín e Martiño)
Infantil A 6 (Domínguez -3-, Mella, Marco Baña e Sierra) - Galicia Caranza 1
Bergantiños 1 - Infantil A 7 (Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño)
Infantil A 4 (Carreira -2-, Sierra e Gabri) - Xuventude de Oroso 1
Victoria CF 0 - Infantil A 12 (Mella -3-, Martiño -5-, Marco Baña -2- e Martín -2- )