RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Sobresaliente actuación hoxe sábado do Infantil en Portugal e do Benxamín B en Catoira

Esta fin de semana, con parón ligueiro pola festividade do entroido, dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable: o Infantil en Portugal e o Benxamín B en Catoira.

Primeiro triunfo branquiazul en Ponte Frielas

Un Infantil do Deportivo compite nun torneo amigable na localidade portuguesa de Ponte Frielas, moi preto de Lisboa.

Os rivais iniciais do conxunto branquiazul son o FC Porto, SC Braga e UD Ponte de Frielas.

Hoxe sábado, primeiro partido e primeira vitoria (7-1) para o Dépor, nesta ocasión ante o conxunto anfitrión, o UD Ponte de Frielas.

Mañá domingo agardan 2 grandes do fútbol luso: FC Porto e SC Braga.

O calendario de partidos, con horario local (unha hora máis en Galicia), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 22 de febreiro
DEPORTIVO 7 (Murilo -5-, Christian e Hugo) - UD PONTE DE FRIELAS 1

Domingo 23 de febreiro
09:15: DEPORTIVO - FC PORTO
15:10: SC BRAGA - DEPORTIVO

Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais, o luns 24; mentres que os outros dous equipos do grupo disputarán unha Fase de Consolación, o martes 25.

Brillante papel do Benxamín B en Catoira

Pola súa banda, o Benxamín B participou nun torneo amigable en Catoira (Pontevedra), organizado polo conxunto local, o Catoira SD.

O equipo branquiazul logrou unha brillante 3ª praza ante equipos formados boa parte por xogadores un ano maiores, o que isto supón a estas idades formativas.

Os resultados do Benxamín B no Municipal das Lombas foron os seguintes:

Primeira Fase
CATOIRA SD A 0 - BENXAMÍN B 1 (Íker)
BENXAMÍN B 2 (Íker e Nico) - CD SAR 1
Cuartos de final
BENXAMÍN B 3 (Yael -2- e Mario) - EF LALÍN 1
Semifinais
BENXAMÍN B 0 - BERTAMIRÁNS FC 1
Partido polo terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN B 1 (Mario) - CD CONXO SANTIAGO 0