RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobresaliente arranque da segunda fase da Liga Galega para o Infantil A

O Infantil A arrancou en Abegondo con claro triunfo (7-0) ante o Victoria FC de Santiago a segunda fase da Liga Galega, grupo norte A1. O formato de competición será de liga a unha soa volta e arrástranse os puntos da primeira fase. O campión pasará á semifinal, a partido único; e o vencedor xogará a gran final.

André, Brian -2-, Rubén, David e Daniel -2- foron os autores dos goles branquiazuis ante o conxunto santiagués.

Con este marcador, o Infantil A sitúase na cabeza do grupo con 5 puntos.

Infantil A: Martín, Vergara, Sergio, Samuel, Miguel, Álvaro Vicos, André, Iván Barreiro, Brian, Jorge e Daniel. Tamén xogaron: Rubén, Carlos, Raúl e David.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao San Tirso SD no campo do Monte.