RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sobresaliente labor de Mella, bigoleador, e de Paula Novo na selección española sub-17

Fotos: - @SEFutbol -

Os representantes de #ANOSACANTEIRA na selección española sub-17 masculina e feminina, David Mella e Paula Novo, disputaron onte sábado 21 de agosto un novo partido internacional despois de ser titulares ambos o pasado mércores.

Mella, bigoleador ante Francia

David Mella estivo concentrado coa selección española sub-17 masculina para disputar dous amigables ante Francia, ambos na localidade gala de Montaigu.

Onte sábado, España goleou aos franceses (6-0), con dous tantos do representante de #ANOSACANTEIRA. Mella foi titular e foi relevado no transcurso do partido por Álvaro Cortés.

O primeiro dos partidos ante Francia foi o pasado mércores. O futbolista branquiazul, que se acaba de proclamar campión de España co Xuvenil A sendo aínda cadete, saltou ao campo de inicio. Xogou 60 minutos nun partido que caeu ao lado español (1-2).

Os resultados de David Mella coa selección española sub-17 nesta concentración do mes de agosto foron os seguintes:

Mércores 18 de agosto
FRANCIA 1 - ESPAÑA 2

Sábado 21 de agosto

FRANCIA 0 - ESPAÑA 6

David Mella ten previsto regresar á Coruña ao longo de hoxe domingo 22 de agosto.

Paula Novo, con minutos fronte a Noruega

A futbolista do Deportivo ABANCA B Paula Novo estivo concentrada desde o pasado venres 13 de agosto coa selección española sub-17 feminina, con motivo do Torneo Montaigu en Francia.

Esta concentración pechouse onte sábado cun novo duelo ante Noruega. Gañou España (4-2) con Paula Novo sobre o campo no tramo final do choque. A deportivista saltou ao céspede no minuto 70 en substitución de Adriana Ranera.

O pasado mércores, tamén fronte a Noruega, Paula foi titular no claro triunfo hispano (2-5). Foi relevada no minuto 60 xa co marcador que sería definitivo.

O luns 16 de agosto foi o primeiro partido da xogadora deportivista con esta selección española sub-17, fronte ao CPB Rennes. Paula Novo xogou completa a segunda metade no centro da zaga nun partido dominado polas españolas (4-0).

Os resultados dos partidos de Paula Novo coa selección española sub-17 nesta concentración foron os seguintes:

Luns 16 de agosto
ESPAÑA 4 - CPB RENNES 0

Mércores 18 de agosto
NORUEGA 2 - ESPAÑA 5

Sábado 21 de agosto
NORUEGA 2 - ESPAÑA 4

Paula Novo regresará á Coruña hoxe domingo 22 de agosto para incorporarse de novo á disciplina do Deportivo ABANCA B.