RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobresaliente para #ANOSACANTEIRA na Coruña, Zaragoza e Huesca

A Aragon Cup marcou onte mércores 28 de decembro o inicio de varios torneos de Nadal previstos na canteira deportivista durante este parón ligueiro.

Os equipos branquiazuis (Cadete A, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Alevín B e Benjamín A) compiten en Zaragoza, Huesca, Vigo, Roma e A Coruña.

Na Aragon Cup, Cadete A e Infantil B xogan mañá venres no Estadio do Alcoraz (Huesca) as finais das súas respectivas categorías; e no campo coruñés de Elviña, o Benjamín A adxudicouse hoxe xoves o Torneo de Nadal do Ural.

Mañá venres compiten o Alevín A en Elviña e o Alevín B no campo Manuel Pahiño de Navia (Vigo).

Cadete A e Infantil B pelexan mañá venres polo ouro na Aragon Cup

Dous equipos do RC Deportivo (Cadete A de División de Honra e Infantil B de Primeira División Autonómica) disputan mañá venres as finais da Aragon Cup 2016 en Zaragoza e Huesca.

Os resultados do Cadete A na Primeira Fase foron os seguintes:

Mércores 28 de decembro
CADETE A 1 (Pichu) - EM EL OLIVAR A 2
CERDANYOLA FC B 0 - CADETE A 5 (Pichu -2-, Ernesto, Dani e Alex)

Xoves 29 de decembro
Cuartos de final
CADETE A 3 (Pichu, Ernesto e Bruno) - OSASUNA 0

Semifinal
CADETE A 1 (Pichu) - VALENCIA 0

Venres 30 de decembro
Final
11:00: CADETE A - CD EBRO (Estadio do Alcoraz de Huesca)

Os resultados do Infantil B na Primeira Fase foron os seguintes:

Mércores 28 de decembro
INFANTIL B 4 (Adrián Lombao, Quique, Trigo e Roque) - SD HUESCA B 0
INFANTIL B 8 (Quique, Hugo Baldomar, Trigo, Xosé, Dani -2- e Iván -2-) - CP CALASANCIO 0

Xoves 29 de decembro
Cuartos de final
INFANTIL B 3 (Hugo Baldomar, Sergio e Trigo) - PENAS OSCENSES 1

Semifinal
HUESCA 1 - INFANTIL B 2 (Quique e Trigo)

Venres 30 de decembro
Final
12:10: INFANTIL B - OSASUNA (Estadio do Alcoraz de Huesca)

Alevín A e Benxamín A, no Torneo do Ural hoxe xoves e mañá venres

O Alevín A e Benxamín A do Deportivo compiten no Torneo de Nadal do Ural, que ten como escenario o campo de Elviña (A Coruña).

Así, o Alevín A xoga mañá venres 30 de decembro, con este calendario da Primeira Fase:

10:00: ALEVÍN A - SANTIAGO DE COMPOSTELA
11:00: XUVENTUDE DE OROSO - ALEVÍN A
12:00: EF LALÍN - ALEVÍN A

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se disputan xa a continuación.

Pola súa banda, o Benxamín A foi campión hoxe xoves do torneo, con estes resultados:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Álex, Jairo e Dani) - ORILLAMAR 0
VITORIA 1 - BENXAMÍN A 3 (Eli -2- e Jairo)
BENXAMÍN A 4 (Jairo -3- e Dani) - CALASANZ 1

Semifinal
LUÍS CALVO 0 - BENXAMÍN A 2 (Marcos e Dani)

Final
BENXAMÍN A 3 (Jairo -2- e Pablo Fernández) - URAL 2

O Alevín B participa no Torneo Concello de Vigo

O Alevín B branquiazul xoga mañá venres 30 de decembro o Torneo Concello de Vigo, que terá como escenario o Municipal de Pahíño en Navia.

Os partidos da Primeira Fase para o equipo deportivista son os seguintes:

11:00: LUGO A - ALEVÍN B
12:30: CAMPIÓN DA FASE PREVIA DE VIGO - ALEVÍN B

O primeiro clasificado accede a semifinais, que se xogan xa a continuación.

O Infantil A comezará 2017 cun torneo amigable en Roma

O próximo domingo 1 de xaneiro de 2017, o Infantil A do Deportivo, que compite na Liga Galega, viaxará a Roma (vía Madrid) para competir nun torneo amigable de fútbol once organizado polo clube italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co FC Inter, o SS Lazio e o Margine Coperta.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Luns 2 de xaneiro de 2017
17:00: INFANTIL A - FC INTER (campo Francesca Gianni)

Martes 3 de xaneiro de 2017
19:00: SS LAZIO - INFANTIL A (campo Francesca Gianni)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
15:00: INFANTIL A - MARGINE COPERTA (campo de Candiani)

O primeiro clasificado disputará as semifinais, que se xogarán o xoves 5 de xaneiro.