RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sobrio primeiro empate sen goles para o Dépor

Nunha asollada mañá en Santander e cun ambiente de fútbol de primeira, con máis de 1.000 afeccionados Deportivistas nas bancadas, o partido presentábase tremendamente igualado a priori entre ambos os equipos co liderado para o vencedor en xogo. Esa igualdade reflectiuse sobre o campo nun primeiro tempo para o que Borja Jiménez apostou por dous movementos no once inicial: Rafa de Vicente e Quiles por Álex Bergantiños e Noel respecto ao partido da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR.

As ocasións no primeiro tempo foron contadas en ambas as áreas e aos dous equipos custoulles superar os armazóns tácticos montados polo rival. No minuto 5 tivo a máis clara o Racing cun balón ao pau á saída dun córner que non corta ninguén e que Bobadilla estrelou en á dereita de Mackay, sen que Satrustegui atopase portería após o rexeite. A primeira chegada branquiazul deuse no 10 grazas a Víctor García, que centrou á posición de Quiles, pero anticipouse Parera na frontal da área pequena. Rafa de Vicente tamén o tentou, pero o seu disparo marchouse moi desviado. Tampouco puido definir Jaime en xogada persoal que, dentro da área, neutralizou a defensa.

Despois de que Mackay detivese unha falta perigosa pero lanzada ás súas mans por Bustos, William de Camargo tivo a mellor ocasión da primeira parte. A xogada naceu en campo propio e na banda nunha parede entre Miku e Quiles que conseguiron habilitar no centro a Rafa de Vicente para que dese continuidade á acción que tiña que resolver o brasileiro. William, no man a man, xa dentro de área, estrelou o disparo nos pés de Perera que abortou a oportunidade de desequilibrar un partido tremendamente igualado nos primeiros 45 minutos.

O segundo tempo comezou co Racing metendo atrás ao Dépor na saída dun córner no que os branquiazuis achicaron o perigo como se puido. A partir de aí o partido converteuse nun ida e volta constante, con até dúas e tres contrataques consecutivos por parte de ambos os conxuntos, pero sen xerar ocasións claras, que neutralizaban as defensas ou os porteiros. Disparos desviados sobre a portería de Mackay tamén completaron o catálogo de tímidas chegadas pese ao gran dinamismo do partido. O primeiro movemento de banco foi vistante coa entrada de Doncel por Quiles con media hora por diante para desfacer a igualdade.

Miku á media volta no 66 fixo estirarse a Parera na primeira ocasión clara do Dépor após a continuación. A seguinte foi para Juergen que mandou alta unha falta directa. Entre medias, Álex e Soriano recompuxeron o centro do campo Deportivista en substitución de Rafa de Vicente e William. Miku volveuna a ter de cabeza a centro de Héctor, pero a zaga montañesa conseguiu desviar a córner.

A máis clara do Racing, superado o 80, nunha deixada que rematou Camus a un ben colocado Ian Mackay, que tamén blocou o último disparo do partido, a mellor ocasión local despois duns minutos finais nos que o Dépor xogou en campo santanderino, achegouse con perigo, pero non levantou dos seus asentos aos centos de deportivistas que o estaban seguindo xusto detrás desa portería.

A previsión inicial de partido parello cumpriuse a machada para que o Dépor asinase as súas primeiras táboas no marcador a domicilio e o seu primeiro partido sen marcar dos 9 disputados até hoxe.

Real Racing Club: Parera, Mantilla, Satrústegui, Pol Moreno, Bobadilla, Íñigo, Bustos (Sergio Marcos, min. 70), Cedric (Jack Harper, min. 81), Pablo Torre (Marco Camus, min. 70), Soko (Manu Justo, min. 90+1) e Borja Domínguez (Fausto Tienza, min. 81)

RC Deportivo: Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Diego Villares, Rafa de Vicente (Álex Bergantiños, min. 68), Juergen, William (Mario Soriano, min. 68), Quiles (Doncel, min. 58) e Miku

Árbitro: Usón Rosell (c. aragonés). Amoestou a Pablo Torre (min. 39), Borja Jiménez (min. 40), Mantilla (min. 42), Rafa de Vicente (min. 43) e Borja Domínguez (min. 76)

Incidencias: Partido da 9ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado nos Campos de Sport do Sardinero ante 12.120 espectadores, coa presenza de máis de 1.000 afeccionados do RC Deportivo