RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sólida actuación do Infantil en Ribeira

O Infantil asinou unha sólida actuación (0-3) ante o Cidade Ribeira CF, en partido correspondente á 8ª xornada na División de Honra.

Borja, Mauro e Iker foron os autores dos goles branquiazuis neste choque disputado no Anexo á Fieiteira.

Con este resultado, o equipo que dirixe Daniel Sicardi lidera a categoría con 22 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o RC Celta, que ten 21.

Infantil: Gabri, Gael, Sergio, Adrián, Iago Vázquez, Antón, Borja, Mauro, Casuso, Trigo e Nico. Tamén xogaron: Íker, Joaquín, Joel e Xoel.

A próxima fin de semana, o Infantil recibe en Abegondo ao EF Denis Suárez.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)