RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Solvente triunfo en Abegondo do Dépor ABANCA B ante o CD Olímpico de León, un dos fanfurriñeiros

O Deportivo ABANCA B liquidou con claridade (3-0) o seu partido en Abegondo ante o CD Olímpico de León, un dos fanfurriñeiros da categoría, correspondente á 8ª xornada en Primeira Nacional.

Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela foron as goleadoras nun partido dominado de principio a fin polas pupilas de Kevin Cabado, en quizais a mellor actuación do filial feminino no que vai de temporada.

A novidade na convocatoria e no partido foi a presenza da internacional Elena Vázquez, que despois de debutar no amigable de hai 15 días ante o Sárdoma CF xa puido debutar uns minutos en categoría nacional ao cumprir 15 anos. Até a data, en idade cadete, a defensa coruñesa era indiscutible no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonomica.

Con este resultado, o Dépor ABANCA B consolida o liderado da categoría ao sumar 22 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Elena López 'Cusi', Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Laura Otero, Tati, Laura Testa e Noela. Tamén xogaron: Lucía Couto, Abril Pazos, Lucía Rivas, Elena Vázquez e Uxía Cabada.

O próximo partido toca de novo cita en Abegondo, esta vez ante o UD Mos.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0