RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Somma: "Toca traballar como equipo. Só así poderemos saír"

Michele Somma, que recibiu a pasada semana a alta médica, asegurou en rolda de prensa en Abegondo que nestes momentos complicados "toca traballar como equipo. Só así poderemos saír".

O defensa italiano confesa que séntese "amolado pola situación pero feliz entre comiñas por volver adestrar".

Di estar preparado no caso de ter que xogar os 90 minutos mañá sábado 16 de novembro no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo (16:00 horas, Movistar LaLiga) ante o Extremadura UD: "Non creo que teña problema. Traballei moito nos meses que estiven fóra".

Conta sobre a súa lesión que "ao principio se pensaba en que era só un golpe, nada importante. Logo inchoume o xeonllo. Fixemos probas e saíu que se me romperon algunhas fibras do ligamento. Entón necesitei tempo".

Ademais, confesa que non foi sinxelo estar estes meses á marxe: "Sufro moitísimo e máis desde fóra que no campo. No campo podo facer algo para solucionalo, pero desde fóra non podes. Sufro o dobre".

Está convencido Somma de que "somos un bo equipo. Vexo adestrar todos os días ao equipo. Temos bos xogadores. Non somos os peores de LaLiga, absolutamente. Creo firmemente isto. Vendo os adestramentos e os xogadores que temos, estou convencido de que saímos desta si ou si".

Do encontro ante o Extremadura UD, apunta que "nós necesitamos os puntos, eles tamén. Nós máis que nunca. Imos ir a polos 3 puntos para conseguir a segunda vitoria. Levamos moito tempo sen gañar".

Precisamente subliña que "pesan moito" todos estes meses sen triunfos. "Pero toca só traballar e pensar no campo. Non toca escoitar todo o de fóra porque só se estás centrado no campo, no teu traballo, pode saír ben. Se non será difícil saír".