RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Somos un equipo forte e podemos gozar este ano", apunta un ilusionado Michele Somma

Michele Somma foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O defensor deportivista aclara que estes días está "a realizar un traballo específico debido á lesión do ano pasado. Pero estou ben".

Espera este ano manter o nivel do curso anterior: "O ano pasado tiña a 2 centrais moi bos. Agora tócame seguir o que fixen minimamente a temporada pasada". Por conseguinte, desexa "facelo ben e xogar. Se me dan a oportunidade de xogar, dar o 110 % porque o equipo o necesita. Se os 11 que xogan dan un plus máis, podemos gozar", subliña.

Márcase como obxectivo "gañar todos os partidos. Logo pode pasar de todo". É máis, cre que o Dépor "pode estar arriba pelexando polo ascenso".

De Juan Antonio Anquela destaca a súa experiencia: "Pódenos dar moito. Quere un fútbol onde teñamos o balón, un equipo que defenda cando o rival xogue; pero cando teñamos o balón, xogar sen medo".

Confesa despois de case estas dúas primeiras semanas de adestramento estar "moi ilusionado. Somos un equipo forte e podemos gozar este ano". "O ano pasado tiñamos xogadores diferentes, pero os que viñeron son moi fortes. Estou moi tranquilo neste sentido", engade.

Mostrouse especialmente "ilusionado" con todos os xogadores, "pero en pretemporada é todo moi bonito. Agora que si estou contento con todos, tamén dos rapaces que subiron do filial e os que chegaron. De todos".