RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Stephannie Blanco e Noelia Bermúdez incorpóranse á selección de Costa Rica

As xogadoras do Deportivo ABANCA Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco incorpóranse esta semana á selección de Costa Rica para unha concentración até o 24 deste mes de febreiro.

Neses días, o combinado 'tico' disputará dous partidos amigables ante México en Cidade de México (pendente de confirmación).

Tanto Stephannie como Noelia Bermúdez non se perderán ningún partido co Deportivo ABANCA posto que a fin de semana do 20 e 21 de febreiro non hai xornada na Primera Iberdrola.

A seguinte cita para o equipo de Manu Sánchez será o domingo 28 ante o Rayo Vallecano en Vallecas, en partido aprazado e correspondente á 7ª xornada.