RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Suave activación do Dépor en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo realizou esta mañá unha suave sesión de adestramento en ABANCA-RIAZOR, a 7 horas de pechar LaLiga 1|2|3 ante o Córdoba CF (20:30, Movistar Partidazo).

Sen a tocados Vítor Silva nin Kronh-Dehli, o resto de futbolistas saltaron ao céspede para realizar carreira continua e uns rondos; todo iso coa presenza do presidente Paco Zas, que, do mesmo xeito que o outro día en Alacante, quixo estar cos futbolistas branquiazuis na última sesión.

Após media hora de adestramento, todo o equipo reuniuse para comer e descansar no Hotel Meliá María Pita até as 18:30, hora de saída cara ao Estadio ABANCA-RIAZOR.