RCD / NOVAS

Suave sesión de activación en ABANCA-RIAZOR

12/06/2019 14:24

O Deportivo realizou unha suave sesión de activación esta mañá en ABANCA-RIAZOR, xusto antes de concentrarse no hotel Meliá María Pita á espera do choque ante o Málaga CF (21:00 horas, Movistar Partidazo), correspondente á ida das semifinais polo ascenso a LaLiga Santander.

Ás 12:00 horas, e por espazo de 35 minutos, os futbolistas saltaron ao céspede do estadio para realizar uns estiramentos e uns rondos, nunha primeira toma de contacto co céspede de cara ao encontro desta noite.