RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Suave sesión de activación esta mañá en ABANCA-RIAZOR previa á concentración no Hotel Meliá María Pita

O primeiro cadro do Deportivo realizou esta mañá unha suave sesión de activación de cara ao encontro desta noite (21:00 horas, Movistar LaLiga) ante o CD Numancia en ABANCA-RIAZOR.

Após o paso pola sala de vídeo, Juan Antonio Anquela dispuxo dun suave quecemento e un breve repaso táctico, todo iso por espazo de apenas 35 minutos.

Os futbolistas concéntranse a continuación para comer no Hotel Meliá María Pita e descansar até a hora do partido.

Após o partido fronte aos sorianos, correspondente á 6ª xornada en LaLiga SmartBank, o cadro branquiazul adestrarase de novo mañá xoves 19 de setembro ás 10:30 horas en Abegondo.