RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Subcampeonato agridoce para o Xuvenil A, que se clasifica para a Copa

O Xuvenil A proclamouse subcampión de liga do grupo 1º da División de Honra ao vencer (5-0) en Abegondo ao Val Miñor Nigrán. Así mesmo, o Sporting de Gijón tamén venceu en Pontevedra (1-3), co que se proclama campión.

Desta forma, o Xuvenil A logra o pasaporte para disputar a Copa do Rei, cuxo sorteo será nos próximos días nos locais da Real Federación Española de Fútbol.

Sabor agridoce esta medalla de prata, porque durante boa parte do campionato, o Xuvenil A foi líder. Boedo -2- e Pedro -3- foron os autores dos goles branquiazuis ante un Val Miñor Nigrán inferior aos deportivistas.

Con este resultado, o Xuvenil A acaba a liga con 68 puntos, con 21 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos. Foi o equipo máis goleador, con 83 goles, e tamén o menos goleado: 22 tantos encaixados.

Xuvenil A: Brea, Valín, Jiménez, Mujaid, Parga, Joel, Porrúa, Gandoy, Pedro, Ortuño e Boedo. Tamén xogaron: Juanito, Sebas, Sito e Javi Sandá.

Os resultados do Xuvenil A que dirixe Rubén Coméndez foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano 2000 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1
Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito)
Xuvenil A 6 (Sito, Joel, Manu Mosquera, Porrúa e Pedro -2-) - Santiago de Compostela 1
Lugo 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Kilian) - Areosa 0
Sporting de Gijón 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Pedro -2- e futbolistas rivais en propia meta -2-) - Celta 2
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 3 (Manu, Porrúa e Boedo)
Xuvenil A 3 (Loren, Antón e Porrúa) - Roces 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 2 (Javi Sandá e Porrúa)
Racing de Santander 0 - Xuvenil A 1 (Kilian)
Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Sito) - Oviedo 0
Xuvenil A 4 (Ortuño -2-, Boedo e Rojo) - Llano 2000 0
Racing Villalbés 0 - Xuvenil A 4 (Sito, Ortuño, Joel e Parga)
Xuvenil A 3 (Boedo, Sito e Carracedo) - Alondras 2
Bansander 0 - Xuvenil A 4 (Boedo -2-, Mujaid e Antón)
Xuvenil A 3 (Antón, Pedro e Boedo) - Pontevedra 0
Santiago de Compostela 1 - Xuvenil A 1 (Pedro)
Xuvenil A 6 (Pedro -3-, Porrúa e Boedo -2-) - Lugo 0
Areosa 1 - Xuvenil A 3 (Porrúa -2- e Sebas)
Xuvenil A 0 - Sporting de Gijón 1
Celta 2 - Xuvenil A 1 (Pedro)
Xuvenil A 5 (Javi Sandá, Porrúa, Sito -2- e Boedo) - Atlético Perines 0
Roces 0 - Xuvenil A 2 (Ortuño e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 5 (Boedo -2- e Pedro -3-) - Val Miñor Nigrán 0