RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sufrida vitoria do Infantil ante un CD Lugo combativo

O Infantil logrou unha sufrida vitoria ante o CD Lugo (1-2) en partido correspondente á 6ª xornada na División de Honra.

Adiantáronse os branquivermellos á media hora de xogo. Empatou Sergio 5 minutos máis tarde e, xa na segunda metade, un tanto en propia meta na recta final do encontro deu o triunfo aos pupilos de Jonathan Martín 'Granada'.

Con este resultado, o Infantil suma 16 puntos e mantense na 2ª praza, só por detrás do ED Val Miñor Nigrán, líder con 18 puntos. Ambos os equipos veranse as caras precisamente a próxima fin de semana en Abegondo.

Infantil: Diego Mosquera, Joaquín, Sergio, Samba, Mateo, Antón, Roi, Mauro, Casuso, Gael e Trigo. Tamén xogaron: Borja, Iago Varela, Iker Rozada e Joel.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)