RCD / NOVAS

Suíza preparará con Fabian Schär o vindeiro Mundial de Rusia 2018

17/03/2018 17:07

Suíza citou ao deportivista Fabian Schär para dous amigables de preparación para o próximo Campionato do Mundo de Rusia 2018.

Así, o venres 23 de marzo, os suízos xogan ante Grecia en Atenas (20:00 hora local); e o martes 27 de marzo no Swissporarena de Lucerna (19:00 horas) ante Panamá.

O central branquiazul emprenderá viaxe tralo encontro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas.

Escocia e Tunisia, próximas citas da Costa Rica de Celso Borges

A selección de Costa Rica, con Celso Borges entre os convocados, preparará ante Escocia e Tunisia a vindeira cita mundialista.

O venres 23 de marzo Costa Rica visita a Escocia no estadio Hampden Park (19:45, hora local) de Glasgow; e o martes 27 de marzo mídese a Tunisia no Alliance Riviera da cidade francesa de Niza (20:00 horas).

O luns 19 de marzo, o mediocentro deportivista deberá incorporarse á concentración da súa selección en Glasgow.

Dous novos amigables para Florin Andone con Romanía

O dianteiro deportivista Florin Andone foi convocado polo seu equipo nacional, Romanía, para dous partidos amigables.

Así, o venres 23, os romaneses visitan a Israel, na cidade de Netanya (20:30, hora local); e o martes 27 reciben no Ion Oblemenco de Craiova (Romanía) a Suecia (20:30).

Andone viaxará á concentración da súa selección mañá domingo 18 de marzo.

Máis novas de: SCHÄR, BORGES, ANDONE