RCD / NOVAS

Superadas as 200 inscricións nos DéporCampus Abegondo. Últimas horas para inscribirse con tarifa reducida!

30/05/2019 12:21

Mañá venres 31 de maio a medianoite concluirá o prazo para inscribirse con tarifa reducida nos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo, que xa superaron os 200 participantes.

Nesta ligazón podes consultar os prezos e nestoutra podes cubrir o formulario de inscrición.

Os DéporCampus Cabreiroá de Abegondo terán un ano máis 6 quendas que, a día de hoxe, a pouco menos dun mes do seu inicio, xa contan con máis de 200 inscritos.

A primeira das quendas comezará o 24 de xuño, día en que o DéporCampus Cabreiroá de Abegondo celebrarase con normalidade a pesar de ser festivo na Coruña. As inscricións para esa primeira quenda estarán abertas até o xoves 20 de xuño ás 12:00 horas.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fose de España.