RCD / NOVAS

Suspendido o torneo en Dumbría; só tiveron cita en Narón Alevín B e Benxamín B, ambos no podio

22/09/2019 20:43

O 9º Memorial Manuel Andújar que ían disputar o Alevín A e Benxamín A onte sábado no campo de O Conco (Dumbría) foi aprazado debido á ameaza de temporal.

Así pois, só houbo actividade esta fin de semana para dous equipos, con motivo do Torneo CD Narón. O Benxamín B foi onte sábado subcampión ao caer na final na quenda de penaltis (1-2) fronte ao CD Lugo.

Hoxe domingo, a quenda no campo naronés de O Cadaval foi para o Alevín B, brillante gañador do torneo.

Os resultados dos conxuntos branquiazuis foron os seguintes:

Categoría alevín

Torneo CD Narón, no campo municipal de O Cadaval (Narón)
Domingo 22 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN B 6 (Uxio, Paulo, Mauro, Alberto, Íker e Ioan) - CD CARIÑO 0
ALEVÍN B 3 (Ioan, Nico e Paulo) - SD O VAL 0
CD NARÓN A 0 - ALEVÍN B 5 (Íker -2-, Ioan, Sergio e Gael)
Cuartos de final
ALEVÍN B 6 (Alberto, Íker, Ioan, Nico, Uxío e Iago Vázquez) - GALICIA CARANZA 0
Semifinal
ALEVÍN B 4 (Íker -2-, Mauro e Sergio) - SCDR ÁNIMAS 0
Final
ALEVÍN B 4 (Íker, Alberto, Uxío e Mauro) - URAL CF 1

Categoría benxamín

Torneo CD Narón, no campo municipal de O Cadaval (Narón)
Sábado 21 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN B 2 (Leo e Hugo) - OLÍMPICO DE RUTIS 0
CD NARÓN A 0 - BENXAMÍN B 2 (Íker e Hugo)
BENXAMÍN B 3 (Mario, Íker e Yael) - SD O VAL 1
Cuartos de final
BENXAMÍN B 2 (Íker e Mario) - CEDEIRA SD 0
Semifinal
BENXAMÍN B 1 (Yael) - GALICIA CARANZA 0
Final
BENXAMÍN B 3 (Thiago -2 e Íker) - CD LUGO 3. A penaltis: 1-2