RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Suspendido o XVII Torneo Real Club Deportivo

O Estado de Alarma e Alerta Sanitaria por mor da COVID-19, e os prazos necesarios para a organización do evento, fan que o Real Club Deportivo teña que suspender a XVII edición do Torneo Real Club Deportivo que, como cada 17 de maio desde que se inaugurou a Cidade Deportiva, ían acoller as instalacións de Abegondo.

A actividade, na que se esperaban case 200 equipos e 3.000 xogadores e xogadoras de categoría pre-benxamín e benxamín, sofre, deste xeito, a súa primeira interrupción nos seus 17 anos de historia.

Cando se supere esta crise e todo retorne á normalidade, o Torneo Real Club Deportivo, gran festa do fútbol base no Día das Letras Galegas será, sen dúbida, unha das actividades que o Club e a Fundación Real Club Deportivo retomarán após este obrigar paréntese.

O Real Club Deportivo quere agradecer a todos os patrocinadores: Gadis, Macron e Cabreiroá; e colaboradores: Marineda City, Fundación San Rafael, Ecoembes, Farmacia Labañou, Ladival, Cruz Vermella, Garda Civil e Concello de Abegondo; o seu apoio durante todos estes anos e a súa aposta polo Torneo RC Deportivo, esperando volver gozar pronto xuntos do día máis especial da temporada para a gran familia deportivista.