RCD / NOVAS

Suspendidos os partidos dos catro equipos de #ANOSACANTEIRA que se xogaban mañá na Coruña

03/02/2017 22:55

Os partidos dos catro equipos de #ANOSACANTEIRA que se tiñan que disputar mañá sábado 4 de febreiro na Coruña foron suspendidos polo temporal de vento e choiva que azouta Galicia, tal e como ordenou o Concello coruñés.

Descansarán pois obrigatoriamente este fin de semana o Cadete A (que xogaba no campo da Leyma ante o Ural), Alevín B (cuxo rival en La Torre era o Obradoiro), Benxamín A (que se mediría ao Ural A en A Grela 2) e Benxamín B (co Calasanz C como adversario, en La Torre).