RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Táboas en Paiosaco dun Xuvenil A en construción

Despois dun histórico título nacional e da primeira participación na UEFA Youth League, o Xuvenil A afronta unha pretemporada en construción, con moitos futbolistas que soben do Xuvenil B de Liga Nacional e con varios xogadores adestrando máis arriba, ben no Fabril ou no primeiro equipo, caso de David Mella.

Hoxe, na súa terceira cita, a primeira do verán lonxe de Abegondo, o Xuvenil A empatou (1-1) en Paiosaco ante outro rival de Terceira RFEF.

Garaboa adiantou aos branquiazuis aos 17 minutos de xogo; pero a UD Paiosaco igualou após o descanso.

Xuvenil A: Hugo Lemos, Mardones, Manu Berrocal, Seydiba, Evan, Carlos, Delgado, Hugo Baldomar, Garaboa, Álex Montero e Hugo. Tamén xogaron: Román, Álvaro Otero, Víctor Seco, Jacobo Folgar, Pablo Parada, David Carreira, Pedro, Juan Barros, Guerrero e Ogando.

A próxima cita para o Xuvenil A será este venres 12 de agosto ás 18:30 no Estadio Manuel Anxo Cortizo ante o CD Lalín de Primeira Autonómica.

Os resultados até a data do Xuvenil A en pretemporada son os seguintes:

Xuvenil A 0 - Real Madrid CF 4
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Ogando) - CSD Arzúa 2
UD Paiosaco 1 - Xuvenil A 1 (Garaboa)