RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Táboas no debut do Cadete B na Liga Galega

O Cadete B asinou un empate ante o CD Calasanz (1-1) no primeiro partido do grupo norte da Liga Galega disputado no campo coruñés da Leyma.

Adiantouse moi pronto o equipo colexial, aos 5 minutos; pero igualou Hugo García aos 15 minutos de partido. A partir de aí xa non se movería o marcador nun choque igualado, aínda que as mellores ocasións foron branquiazuis, sobre todo na segunda parte.

Cadete B: Unai, Alexis, Raúl, Monteagudo, Xosé, Hugo García, Lombao, Sierra, Álvaro, Matos e Fer. Tamén xogaron: Domínguez, Marco Baña, Marcote e Iván.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao CD Lugo B.