RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tarde goleadora do Cadete A fronte ao CD Calasanz

O Cadete A impúxose (0-8) ao CD Calasanz nunha tarde goleadora dos branquiazuis, con motivo da 4ª xornada no subgrupo D da División de Honra.

Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero foron os anotadores deportivistas nun partido sen apenas historia.

Con este resultado, o Cadete A manda no subgrupo con nove puntos de nove posibles. Por detrás, o seu inmediato perseguidor é o Victoria CF, segundo con catro puntos.

Cadete A: Nuno, Santi, Ogando, Martiño, Gabriel, Carreira, Álex Delgado, Pedro, Kevin, Marco Baña e David Domínguez. Tamén xogaron: Dani Sierra, Miguel, Martín Montero e Monteagudo.

A próxima fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao Ural Español CF.

Os resultados do Cadete A no subgrupo D da División de Honra son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)
Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero)