RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tarde plácida en Abegondo para os titulares onte ante o Alavés

Os futbolistas titulares onte ante o Alavés no Estadio ABANCA-RIAZOR tiveron esta tarde unha sesión de recuperación en Abegondo.

Tras realizar co grupo un quecemento e uns rondos, fóronse ao vestiario, con ximnasio e masaxe.

Para os demais membros do cadro, incluídos os fabrilistas Edu Expósito e Francis, houbo ademais un traballo de posesión, defensa e fútbol en espazo reducido.

Zakaria Bakkali realizou unha parte co grupo e outra co readaptador Fran Molano. Adestráronse no ximnasio os 'tocados' Pedro Mosquera, Carles Gil e Adrián López, este con tratamento médico e de fisioterapia.

Mañá venres, o equipo adéstrase en Abegondo ás 10:30 horas.