RCD / NOVAS

"Temos que ser capaces de ser un equipo sólido", opina Adrián

03/01/2018 20:40

Adrián López foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo, nada máis finalizar o adestramento do primeiro equipo.

O dianteiro asturiano advirte, de cara ao partido en Vilarreal deste domingo 7 de xaneiro (18:30 horas, Bein LaLiga), que "se facemos un partido serio e un bo partido, somos capaces de poder puntuar contra calquera equipo".

Lembrou que este cadro "fixo grandes partidos como contra o Atlético de Madrid, aínda que se perdese no último segundo. O equipo ten que agarrarse a iso. Se somos capaces de facer un partido completo tanto ofensiva como defensivamente, podemos sacar puntos contra quen sexa".

Pide Adrián "confiar en nós mesmos, en que temos un bo equipo. Mirar para adiante e iso é o que temos que facer".

Recoñece o ariete deportivista que encaixar goles no tramo inicial do encontro, como sucedeu por exemplo no último derbi ante o Celta, "é unha materia que debemos de mellorar. Debemos ser un equipo máis duro para non encaixar goles. Se somos capaces de facer iso sacaremos máis resultados seguro".

Nesta liña, subliña que máis que utilizar un ou outro sistema, "importa ser un equipo compacto cando defendamos, compacto cando ataquemos. Que cando ataquemos esteamos todos vixiantes para non deixar que nos fagan dano. Son cousas que todos sabemos pero que custa levalas ao partido, xa sexa porque non che saian as cousas ou porque o rival está aí. Temos que ser capaces de ser un equipo sólido. É o que máis nos falta. A partir de aí, todo mellorará, todo virá. O equipo fai perigo, máis aló de que nalgún partido cústache chegar algo máis".

Máis novas de: ADRIÁN