RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Ter 24 xogadores en cadro que poden xogar é moi bo para todos", sostén Diego Caballo

Diego Caballo foi o protagonista hoxe xoves 1 de novembro na sala de prensa de Abegondo.

O canteirán branquiazul manifestou que o Deportivo encara o partido deste sábado 3 de novembro no Estadio de Gran Canaria (20:30 hora peninsular, LaLiga 1|2|3 TV e TV Canaria) ante a UD Las Palmas "coma se fóra de Primeira. Temos que tentar ir a por os 3 puntos, tentar sacalos".

Titular o pasado sábado ante o CF Reus despois de varios partidos no banco, o lateral zurdo deportivista apunta que esta circunstancia a vive "moi ben. Ter 24 xogadores no equipo que poden xogar é moi bo para todos. A competencia é o que nos fai grandes. Hai que seguir, apertar e non baixar os brazos".

Con Dubarbier lesionado, a súa rivalidade con Saúl polo carril esquerdo do Dépor é, segundo Diego Caballo, "moi, moi, moi sa. E iso é o que che fai mellorar. Se levas con compañeirismo un duelo que che vai a facer mellorar, todo vai vir ben, tanto individual como colectivo. Entre un, entre outro vai axudar ao equipo. E iso é o máis importante. Ao final o equipo está por encima de calquera".

Ve esta Segunda División moi equilibrada: "Os partidos decántanse por pequenos detalles. Calquera che pode gañar e a calquera podes gañar".

Define á UD Las Palmas como "un gran equipo con moi bos xogadores. E xogan en casa. Ao final iso é un factor moi importante e é o que lles axudará a eles e o que nós temos que facernos fortes".

A nivel persoal, Diego subliña que esta temporada é "moi ilusionante. Non esperaba nada e segundo van pasando as cousas, é cada vez máis ilusionante. Querer aprender sobre todo e seguir sumando minutos".