RCD / NOVAS

Terceira semana de pretemporada con dous días de dobre quenda e un amigable en Viveiro

25/07/2021 11:14

O Deportivo inicia mañá luns 26 de xullo a súa terceira semana de pretemporada, que será calcada á pasada semana: sete adestramentos en Abegondo, dúas xornadas de dobre quenda (luns e mércores) e un amigable o sábado, esta vez en Viveiro e á espera de coñecer a data do aprazado en Vilalba onte sábado 24 de xullo.

Cada día que haxa actividade, o cadro reunirase para almorzar no comedor da Cidade Deportiva ás 09:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 26 de xullo

10:30 e 19:00 h.

Martes 27 de xullo

10:30 h.

Mércores 28 de xullo

10:30 e 19:00 h.

Xoves 29 de xullo

10:30 h.

Venres 30 de xullo

10:30 h.

Sábado 31 de xullo

19:00 h.: Viveiro CF - Deportivo, no campo de Cantarrana

RCD / AXENDA

26 SET

Domingo 12:00 Estadio Reina Sofía (Salamanca)

Unionistas - Deportivo

5ª xornada de Liga

01 OUT

Venres 21:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Deportivo - SD Logroñés

6ª xornada de Liga

09 OUT

Sábado 17:00 Stadium Gal (Irún)

Real Unión - Deportivo

7ª xornada de Liga

16 OUT

Sábado 19:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Deportivo - UD Sanse

8ª xornada de Liga