RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Terceiro partido de Mollejo en Belgrado, mañá luns coa sub-19

O deportivista Mollejo disputa mañá luns a terceira xornada do Torneo de Clasificación de Belgrado, no que participa a selección española sub-19.

O martes haberá cita para o resto de internacionais branquiazuis: Gaku, Montero e Lampropoulos.

Víctor Mollejo encara o terceiro partido do Torneo de Clasificación de Belgrado

Víctor Mollejo disputa coa selección española sub-19 o Mini Torneo de Clasificación de Belgrado (Serbia), para buscar o pase á Rolda Elite.

O terceiro e último partido será mañá luns (14:00 horas) ante a anfitrioa Serbia no Center de FA Serbia, en Stara Pazova.

A segunda cita para España foi o pasado venres 11 ante Romanía no FK Rad Stadium de Belgrado. O combinado español impúxose por 1 gol a 0, grazas ao acerto de Borja Sainz nun choque no que o deportivista foi titular ata que no minuto 90 de partido deixou o seu lugar no campo a Juan Miguel Latasa.

O primeiro rival dos españois foi o martes 8 Lituania, á que derrotaron (2-0). Mollejo seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario dos partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 8 de outubro
ESPAÑA 2 - LITUANIA 0

Venres 11 de outubro
ESPAÑA 1 - ROMANÍA 0

Luns 14 de outubro
14:00: SERBIA - ESPAÑA, no Center de FA Serbia, en Stara Pazova

Gaku, ante Tadxiquistán

Gaku Shibasaki enfróntase a Mongolia e Tadxiquistán en partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia de China 2023.

Este martes 15, a selección xaponesa visita a Tadxiquistán no Estadio da República Central da capital Dusambé (17:15 hora local, 14:15 en España).

O primeiro destes encontros, ante Mongolia, xogouse no Saitama Stadium en Xapón o pasado xoves 10 de outubro. Gaku foi titular e participou os 90 minutos na goleada nipoa: 6-0.

Montero xa está en Montenegro coa selección española sub-21

A selección española sub-21 convocou ao deportivista Javi Montero para dous partidos.

Este martes 15, a selección visita en Podgorica a Montenegro (19:45), en choque este clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

O xoves 10 de outubro en Córdoba, España igualou (1-1) ante Alemaña nun encontro de carácter amigable, no que se enfrontaron os dous últimos campións europeos da categoría.

Montero saltou ao céspede no minuto 73 en substitución de Aitor Buñuel, xa con 1-1 no marcador, resultado que sería definitivo.

Lampropoulos non tivo minutos onte na derrota de Grecia en Roma

Vasileios Lampropoulos está convocado por Johnny van't Schip para dous partidos da selección grega.

Os encontros son clasificatorios para o Euro 2020, dentro do grupo J.

Onte sábado 12 de outubro, os gregos caeron fronte a Italia en Roma (2-0). O central branquiazul seguiu o encontro desde o banco e non chegou a saltar ao céspede.

A próxima cita para Grecia será o martes día 15 ante Bosnia Herzegovina en Atenas (20:45).