RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Terceiro partido de Teresa Abelleira con España sub-19 en Glasgow, mañá martes ante Francia

- Foto: sefutbol.com -

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, está concentrada con España sub-19 nun torneo internacional en Escocia, no que participan as seleccións clasificadas directamente á Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría.

Mañá martes, as españolas teñen o terceiro e último partido desta competición. Será ante Francia (13:00, hora local) no McDiarmid Park (Perth).

Nos dous primeiros partidos, ante Escocia e Dinamarca, Teresa Abelleira foi titular. Ante as anfitrioas, a centrocampista branquiazul xogou todo o partido e ante as danesas foi relevada no minuto 88 por Laura Gutiérrez.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é seguinte:

Mércores 3 de outubro
ESCOCIA 0 - ESPAÑA 1

Sábado 6 de outubro
ESPAÑA 1 - DINAMARCA 1

Martes 9 de outubro
13:00: ESPAÑA - FRANCIA, no McDiarmid Park (Perth)

Teresa Abelleira, ademais da tamén deportivista Malena Mieres, acábase de proclamar campioa de Europa sub-19 o pasado mes de xullo.