RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Terceiro triunfo do Benxamín B na Copa AFAC

O Benxamín B logrou o seu terceiro triunfo na Copa AFAC en tres partidos disputados ao gañar ao Ural C (3-0), con tantos de Nico e Eder -2-.

Con este resultado, o conxunto deportivista marcha á fronte da táboa e segue coas súas opcións intactas de lograr unha das dúas primeiras prazas que lle darían dereito a disputar a gran final.

Benxamín B: Álex, Pablo, Íker, Xabi, David, Nico, Iago e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Guille, Marco, Eder, Raúl e Diego.

O Atlético Coruña Montañeiros C será o próximo rival do equipo deportivista.

Os resultados ata a data do Benjamín B nesta competición son os seguintes:

Benxamín B 8 (Iago -2-, Diego -2-, Éder -2-, Nico e Raúl) - Calasanz C 2
Victoria C 0 - Benxamín B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-)
Benxamín B 3 (Nico e Eder -2-) - Ural C 0