RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tere Abelleira, capitá do Deportivo Abanca, ao Campionato de Europa Sub-17 con España

Tere Abelleira, capitá do Deportivo Abanca, foi convocada para participar na Fase Final do Campionato de Europa Sub-17 que se disputa na República Checa.

O equipo nacional español concéntrase o vindeiro luns 24 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid); e viaxará o martes 30 de abril á República Checa.

España quedou emparellada no grupo A, con Francia, Alemaña e República Checa.

O calendario é o seguinte:

Martes 2 de maio
16:00: ESPAÑA - ALEMAÑA (no Estadio Prestice, en Prestice)

Venres 5 de maio
11:00: REPÚBLICA CHECA - ESPAÑA (no Estadio Domazlice, en Domazlice)

Luns 8 de maio
14:00: FRANCIA - ESPAÑA (no Estadio Prestice, en Prestice)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o 11 de maio.

Nuria Rábano, concentrada estes días coa Sub-19

Nuria Rábano, unha dos alicerces do Deportivo Abanca, está concentrada coa Selección Española Sub-19 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), nuns adestramentos.

A atacante deportivista finaliza mañá mércores a concentración e xa o xoves porase ás ordes de Manu Sánchez, técnico deportivista, para o partido deste domingo 23 de abril en Tordoia (18:00 horas), da penúltima xornada de liga no Grupo 1º de Segunda División Nacional.