RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Tere Abelleira, con España Sub-17, acaba o Torneo Elite sen coñecer a derrota

Tere Abelleira, esta vez non desde o inicio (saltou ao céspede no minuto 22), empatou (1-1) ante Suecia na terceira e última xornada do Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17, que se celebrou en Portugal desde o pasado domingo 26 de marzo.

A Selección Española clasificouse para o Campionato de Europa da categoría que se xogará na República Checa.

O pasado xoves, a capitá do Deportivo Abanca foi titular ante Islandia. Foi substituída no minuto 75 de encontro por Rosa Márquez, practicamente co partido sentenciado. Gozou Tere Abelleira dunha gran oportunidade, á media hora de xogo, cun lanzamento de falta que se foi fóra por pouco.

O martes, na primeira xornada, España goleou a Portugal (6-1), nun partido que quedou resolto na primeira metade. Tere Abelleira, tamén titular, foi relevada no descanso por Anna Torrodá.

Os resultados da Selección Española foron os seguintes:

Martes 28 de marzo
ESPAÑA 6 - PORTUGAL 1

Xoves 30 de marzo
ESPAÑA 3 - ISLANDIA 0

Domingo 2 de abril
SUECIA 1 - ESPAÑA 1