RCD / NOVAS

Tere Abelleira, do Dépor Abanca, convocada por España para o Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17

15/03/2017 20:24

Tere Abelleira está a empezar a recoller os froitos da gran temporada que está a realizar co Deportivo Abanca na Segunda División Nacional. A capitá deportivista foi convocada pola Selección Española Sub-17 para o Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17 que se celebrará en Portugal do domingo 26 de marzo ao luns 3 de abril.

A xogadora galega terá que incorporarse á concentración da Selección Española Sub-17 o luns 20, tras o encontro que o Deportivo Abanca dispute en Ponte dos Brozos (Arteixo) ante o PM Friol, o domingo 19 ás 12:00 horas.

O calendario de competición de España (en horario local) é o seguinte:

Martes 28 de marzo
16:00 ESPAÑA - PORTUGAL, na Cidade do Fútbol de Cruz Quebrada

Xoves 30 de marzo
14:00 ESPAÑA - ISLANDIA, no Municipal Stadium de Mafra

Domingo 2 de abril
16:00 SUECIA - ESPAÑA, no National Stadium de Cruz Quebrada